Cargando resultados...
Sergio Carreira, baixa ante o Stuttgart por unha lesión de xeonllo
No duelo contra o conxunto vallecano tamén se lesionou o lateral esquerdo serbio, Mihailo Ristic

G24.gal
22/09/2025 18:03
Última actualización 22/09/2025 18:10
O lateral Sergio Carreira é baixa no Celta para o partido da liga Europa do próximo xoves no estadio do Stuttgart alemán por “unha probable escordadura lateral no xeonllo dereito”, informou o club.
O futbolista do equipo celeste, que se lesionou durante o partido do domingo contra o Raio (1-1) en Vallecas, someterase a unha resonancia magnética nas próximas horas para coñecer con máis exactitude o alcance da súa lesión.
No duelo contra o conxunto vallecano tamén se lesionou o lateral esquerdo serbio, Mihailo Ristic, que sofre molestias na cara posterior da coxa dereita