Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis semanas de baixa para Fer López

Seis semanas de baixa para Fer López

O xogador sufriu unha forte escordadura no nocello dereito

A resonancia descartou unha lesión máis importante

G24.gal 08/12/2024 10:51

Fer López estará seis semanas de baixa pero o celtismo respira aliviado despois de ver unhas imaxes nas que se temeu unha lesión de moita consideración. A torsión do seu xeonllo e o seu nocello no treito final da primeira parte e o feito de que non puidera continuar no partido facía pensar no peor. Claudio Giráldez xa apuntou ao remate do encontro que a doenza non era tan grave e os servizos médicos do Celta confirmaron o prognóstico inicial. 

A resonancia magnética á que foi sometido non revelou lesións maiores no nocello ou no xeonllo. Fer López sofre unha escordadura de grao II no nocello dereito no partido da súa estrea como titular en Primeira División. Coincide coa parada de Nadal, así que podería estar de volta a mediados do mes de xaneiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar