Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis detidos por estafar máis de tres millóns de euros a clientes de banca en liña

Seis detidos por estafar máis de tres millóns de euros a clientes de banca en liña

 

Contabilizan uns 1.200 prexudicados en toda España, algún deles na Estrada, en Pontevedra

Súmanse aos nove arrestos realizados durante a primeira fase da operación

G24.gal 24/10/2023 19:40

A Garda Civil detivo seis persoas por estafar máis de tres millóns de euros a clientes de banca en liña mediante a difusión masiva de mensaxes SMS. Súmanse aos nove arrestos realizados durante a primeira fase da operación que se desenvolveu en Toledo, Ciudad Real, Badaxoz, Murcia e Valencia. Así mesmo, practicáronse catro rexistros en Barcelona.

A operación iniciouse en agosto de 2022 cando a Garda Civil recibe a denuncia de dúas persoas, residentes nas localidades de Vitigudino e Babilafuente (Salamanca), que manifestan non autorizar a realización de transferencias bancarias nas súas contas.

A partir de aí constatáronse 80 denuncias só na provincia de Salamanca e máis de 1.200 prexudicados noutras localidades do territorio español, como Dos Hermanas (Sevilla), Elx (Alacante), Lugo de Llanera (Asturias), Linares (Xaén), A Estrada (Pontevedra), Las Rozas, Torrexón de Ardoz, Colmenar Viejo (Madrid) e Haro (A Rioxa).

Durante a primeira fase da operación, os axentes desarticularon a armazón económica da organización, cuxo método era facer circular o diñeiro por diferentes contas internacionais ata facelo desparecer en carteiras privadas de moeda virtual (criptomoneda) denominadas wallet.

Posteriormente, a investigación centrouse nos máximos responsables da organización criminal, entre os que se atopaban os autores materiais das estafas, que conformaban a estrutura tecnolóxica da organización. Estes dispoñían dos medios e os coñecementos técnicos necesarios para o lanzamento masivo dos SMS maliciosos e para a suplantación das liñas telefónicas utilizadas para cometer as estafas.

Ademais, tiñan o control do diñeiro transferido ilicitamente ás contas bancarias por que circulaba ata as carteiras privadas de moeda virtual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade