Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis das sete áreas sanitarias diminúen ou estabilizan os novos positivos

Seis das sete áreas sanitarias diminúen ou estabilizan os novos positivos

Os responsables de Saúde Pública cren que estamos a piques de acadar o máximo de casos desta 6ª onda

G24.gal 18/01/2022 14:43

Nova xornada en que os datos da covid en Galicia son menos malos. As autoridades sanitarias pensan que poderiamos estar entrando xa nunha fase de meseta, previa ao descenso. De feito as áreas de Santiago, Ourense e Lugo -que onte descendían en número de casos activos- hoxe continúan estables. As áreas de Ferrol e da Coruña suman hoxe menos casos activos ca onte e a situación en Pontevedra tamén está estable, arredor dos 500 novos positivos diarios.

Os expertos piden mirar estes datos con prudencia e lembran que para o pico hospitalario quedan aínda dúas ou tres semanas. Desde os servizos de preventiva aseguran que podemos estar ante infradiagnóstico e ter casos positivos non comunicados. Pero admiten que estamos chegando xa ao máximo de casos e que agora toca descenso, cunha presión hospitalaria sete veces menor á que teriamos con este número de contaxiados casos e sen vacinas.

"A efectividade da vacina é enorme. E tivemos moita sorte de ter a vacina para que agora a sitiuación sexa complatemente distinta", explica a xefa de Preventiva da área sanitaria de Santiago. 

Hai un ano, argumenta Cristina Fernández, ingresaban con enfermidade grave o 6 % dos infectados. Agora, dos 70.000 casos, apenas un 1 % chegará aos hospitais. E para non estresar o sistema hai que:

"Seguir extremando precaucións porque hai moita circulación. E pensar que non debemos demandar asistencia sanitaria se estamos asintomáticos ou temos síntomas leves".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade