Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguridade baixo paus en Ourense

Seguridade baixo paus en Ourense

Álvaro Ratón e Manu Vizoso, porteiros de garantías

Os dous lideran os equipos ourensáns

G24.gal 28/11/2025 14:08 Última actualización 28/11/2025 14:30

Despois de doce anos fóra da casa Álvaro Ratón volveu a Ourense. Leva 465 minutos sen encaixar un gol.

Álvaro Ratón: "Isto é de todo o equipo, o porteiro só non pode facer nada. O equipo está traballando ben defensivamente, estamos sendo moi solidarios, dende os dianteiros ata o porteiro".

Manu Vizoso tamén é novo na Unión Deportiva Ourense. Dous penaltis parados e actuacións memorables están na súa folla de servizos. 

Manu Vizoso: "Estanme saíndo ben as cousas con esa chisca de sorte podendo parar tamén penaltis, contribuíndo á vitoria do equipo".

Os dous teñen algo en común. Lideran os dous equipos de ourensáns, os mellores na súa categoría no último mes de competición.

Álvaro Ratón: "Non miramos onde temos que colocarnos, senón no seguinte partido, o próximo é contra Unionistas, rival complicado, e a final de temporada veremos onde estamos".

Manu Vizoso: "O cambio de categoría sempre é difícil, agora xa lle demos a volta e a ver se segue a serie".

Álvaro e Manu, dous gardiáns de garantías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos