Publicador de contidos

Publicador de contidos

Biden prepara o terreo para a reelección cun discurso dirixido á alma do país

Biden prepara o terreo para a reelección cun discurso dirixido á alma do país

O presidente dos Estados Unidos estivo moi centrado na política social e pediu consenso

No eido internacional, lanzoulle unha advertencia á China e prometeu apoio a Ucraína

G24.gal 08/02/2023 08:11 Última actualización 08/02/2023 12:15

Grande ovación aos pais de Tyre Nichols, o mozo de Memphis que morreu no hospital despois dunha brutal malleira da policía. O falecemento de seu fillo renovou os chamamentos a unha reforma policial estancada no Congreso. 

Aplauso tamén ao mozo que desarmou un home durante un tiroteo masivo en California.

"Prohiban as armas de asalto agora", di Joe Biden.

O presidente dos Estados Unidos terá difícil sacar adiante esta proposta nunha cámara profundamente dividida. De feito, no seu segundo discurso do Estado da Unión chamou a facer un esforzo bipartidista e ofreceulles aos republicanos traballaren xuntos. 

A economía e a sanidade foron dous dos eixos da súa intervención. E dos momentos que xeraron máis reacción nas bancadas. 

Apupos ao dicir que hai republicanos que queren que o Medicare e a Seguridade Social decaia. Entusiasmo demócrata ao prometer vetar calquera intento de prohibir o aborto. 

Política internacional

Reforma migratoria, plan de infraestruturas, loita contra a inflación...  a pesar de estar centrado nas cuestións internas do país, o presidente tamén lle deu espazo á política internacional.

Incidiu no apoio a Ucraína, o tempo que sexa necesario, e mandou un aviso á China, proclamando a defensa da soberanía nacional de ser ameazada.

Joe Biden pechou o seu discurso facendo un chamamento á defensa da democracia e proclamando a fortaleza do Estado da Unión.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade