Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguimos coñecendo a xente de Lúa Gaming

Seguimos coñecendo a xente de Lúa Gaming

 Hugo Botana, cofundador e director de proxectos, pasou polos micrófonos da Radio Galega

G24.gal 13/05/2023 16:05 Última actualización 13/05/2023 16:13

No Galicia en goles seguimos explorando a irrupción de Lúa Gaming, equipo de e-sports galego, a través dos seus protagonistas.

Logo de falar co seu CEO Cristian Espartaco e tamén de parolar con eles na ICC Week ourensá de xogos electrónicos, hoxe foi a quenda de Hugo Botana. O santiagués ten a bagaxe previa de ser director xeral de Kings Dragons e asume agora este posto de responsabilidade en Lúa: director de proxectos e un dos encargados desa labor educativa e pedagóxica que pretenden.

Con el falamos das novidades que podemos agardar do equipo galego de e-sports nesta sección do Galicia en xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar