Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago Lago di que aplicar un sistema en Cataluña similar ao cupo vasco vaille mal a Galicia

Santiago Lago di que aplicar un sistema en Cataluña similar ao cupo vasco vaille mal a Galicia

O director do Foro Económico cifra en 634 millóns de euros anuais o que podería perder a nosa comunidade autónoma se se aplica este sistema de financiamento

Lago cre que nin Junts nin ERC aceptarán a proposta do Goberno central, que é unha versión máis descafeinada que a do cupo vasco e menos mala para Galicia

Rueda di que Galicia podería perder miles de millóns de euros se sae adiante a cota catalá

O director do Foro Económico, Santiago Lago, este venres nunha entrevista no 'Bos días' da TVG
G24.gal 18/07/2025 10:51

Seiscentos vinte e sete millóns de euros ao ano. Esta é a cantidade que podería perder Galicia se se aplicase en Cataluña un sistema de financiamento similar á cota vasca. É a estimación que fai o Foro Económico, que leva ata os dous mil millóns de euros anuais a cifra de perdas no caso de que todas as comunidades autónomas o aplicasen.

Nunha entrevista no Bos días, o director do Foro, Santiago Lago, afirma que esta opción lles vai mal aos galegos e non lle interesa a Galicia de ningunha maneira.  Segundo dixo: "Calquera avance que pretenda que o sistema de Cataluña se pareza ao do País Vasco vailles mal aos galegos e tamén ao Estado, porque poría en risco a capacidade financeira da administración central e comprometería os seus compromisos de gastos, que son moitos".

Lago cre que o Goberno central e a Generalitat están pactando unha versión máis descafeinada, que sería menos mala para nós, pero opina que nin Junts nin ERC a van aceptar xa que, para eles é claramente insuficiente. "Eles o que queren é o mesmo que ten o País Vasco. Este documento é un pasiño cara a aí, pero a eles non lles vai chegar".

Así, o director do Foro Económico está convencido de que finalmente o Congreso non vai tramitar ningún cambio nesta dirección, e ao final iremos cara o multilateralismo. Ao seu xuízo:  "Por aí debemos camiñar, xa que o resto non é bo para Galicia nin para España".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade