Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade fai un segundo chamamento mir, ao quedar 473 prazas vacantes

Sanidade fai un segundo chamamento mir, ao quedar 473 prazas vacantes

Case 460 desas prazas son en Medicina Familiar

G24.gal 19/04/2024 19:29

O Ministerio de Sanidade fixo un segundo chamamento, que concluirá o vindeiro mércores, para cubrir as 473 prazas MIR que quedaron vacantes na actual convocatoria, 459 delas na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, o que supón máis do dobre ca hai un ano.

Finalmente, o proceso de adxudicación das 8.772 prazas de Medicina ofertadas este ano, que comezou o pasado día 8, concluíu este venres co 75 % das prazas elixidas polos aspirantes, que este ano chegaban ás 10.922.

Desta forma, a especialidade de Familia deixou 459 prazas desertas, fronte ás 202 que quedaron sen adxudicar no primeiro chamamento do ano pasado; as outras dúas que non conseguiron esgotarse son Medicina Preventiva e Saúde Pública, que deixa 12 vacantes, e Medicina do Traballo, con 2.

Neste segundo chamamento ampliarase a cota de extracomunitarios ao 10 % das prazas ofertadas, co que pasa de 526 a 877, segundo a información que publicou o Ministerio de Sanidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos