Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade constata que a vacina reduce o risco de hospitalización

Sanidade constata que a vacina reduce o risco de hospitalización

A efectividade da vacina diminúe de xeito progresivo cos meses

Nos maiores de 80 anos sobe a efectividade en relación á terceira dose

G24.gal 22/12/2021 16:53

A efectividade da vacina contra o coronavirus diminúe de forma progresiva cos meses. Pero un estudo do Ministerio de Sanidade recolle que en todas as idades a protección das vacinas segue sendo alta, sobre todo na prevención da hospitalización, onde a redución do risco para os vacinados continúa estando en torno ao 90 por cento en todos los grupos.

Sanidade publicou no seu portal web o III Informe de análise da efectividade fronte á covid-19 en España. 

Conclúe que nas residencias de maiores mantense unha efectividade da vacinación elevada fronte á hospitalización e defunción nos últimos meses.

Nos maiores de 80 anos obsérvase un incremento da efectividade a partir de novembro de 2021, posiblemente relacionado coa administración da dose de reforzo neste grupo de idade.

Con esa terceira dose os anticorpos volven acadar un 80 por cento de protección, que van perdendo forza mes a mes desde a data da inoculación da vacina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade