Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez condena "con rotundidade" o ataque dos EUA contra Venezuela

Sánchez condena "con rotundidade" o ataque dos EUA contra Venezuela

O presidente do Goberno reitera a súa defensa do dereito internacional e a resolución pacífica dos conflitos

Nunha carta dirixida á militancia, pídelles ás bases non tirar a toalla e insiste en esgotar a lexislatura

Sánchez nun mitin en Villanueva de la Serena (Badaxoz). EUROPA PRESS/Javier Cintas
G24.gal 04/01/2026 12:12 Última actualización 04/01/2026 13:53

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, condena "con rotundidade" o ataque perpetrado polos Estados Unidos contra Venezuela e reitera a súa defensa do dereito internacional.

Nunha carta dirixida á militancia, para felicitarlle o novo ano, reivindica a importancia de "contar cun Goberno en España que avogue e defenda, sempre e onde sexa, o dereito internacional e a resolución pacífica dos conflitos".

O secretario xeral dos socialistas tamén condenou "o sufrimento" dos pobos de Ucraína e Palestina durante este pasado 2025, á vez que insistiu en que se mantén "firme" nas súas conviccións e afronta 2026 "cargado de enerxía, novas políticas e a ambición de sempre".

"Viola o dereito internacional"

En varias mensaxes publicadas este sábado na rede social X tras o ataque estadounidense, Sánchez anunciou que España non o avalaría porque "viola o dereito internacional e empuxa a rexión a un horizonte de incerteza e belicismo".

O xefe do executivo recalcou que España non recoñecerá esa intervención levada a cabo pola Administración de Donald Trump, como tampouco recoñeceu o réxime de Maduro.

Pola mañá, Sánchez fixera un chamamento á desescalada e á responsabilidade e informara de que a embaixada e os consulados españois en Venezuela estaban operativos, á vez que incidía na obriga de respectar o dereito internacional e os principios da Carta das Nacións Unidas.

Non tirar a toalla

Á militancia socialista pídelle na misiva que non tire a toalla, malia recoñecer as dificultades do momento, e insiste na súa vontade de esgotar a lexislatura.

"Seguiremos adiante", subliña.

Ademais, reclámalles ás bases "convicción, cabeza alta, valentía e determinación para seguir avanzando" cun Goberno progresista cunha acción que "lle senta ben a España".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade