Sánchez non descarta conceder o indulto ao exfiscal xeral do Estado antes do 29N
Sánchez sinalou que o Goberno está a ver a "factibilidade" de poder aprobalas "ben en Deputación Permanente ou ben por parte do Goberno na súa condición de poder executivo"
O Tribunal Supremo inhabilitou a García Ortiz por un período de dous anos para o cargo de fiscal xeral por revelar segredos en relación á parella da presidenta madrileña
Europa Press
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, non descarta que o Consello de Ministros aprobe o indulto para o exfiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz antes das eleccións do próximo 29 de novembro.
"Non o descarto", respondeu Sánchez nunha entrevista en eldiario.es, ao ser preguntado pola posibilidade de indultar a García Ortiz, condenado hai un ano por revelación de segredos do empresario Alberto González Amador, noivo da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.
Sánchez sinalou que o Goberno está a estudar todas as leis e medidas que quedaron pendentes coa convocatoria electoral para ver a "factibilidade" de poder aprobalas "ben en Deputación Permanente ou ben por parte do Goberno na súa condición de poder executivo".
O Tribunal Supremo inhabilitou a García Ortiz por un período de dous anos para o cargo de fiscal xeral por revelar segredos en relación á parella da presidenta madrileña.