Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez di que loou a actuación de Marrocos no valo de Melilla sen ver as imaxes

Sánchez di que loou a actuación de Marrocos no valo de Melilla sen ver as imaxes

Remite ao debate sobre o estado da nación para dar explicacións no Congreso sobre este tema

O ministro do Interior reitera que foi un ataque violento e organizado por parte dos inmigrantes

G24.gal 29/06/2022 13:53

O presidente do Goberno promete toda a colaboración do Executivo nas investigacións para saber o que pasou no valado de Melilla e aclara que aplaudiu a actuación de Marrocos antes de ver as imaxes dos inmigrantes tirados no chan, moitos deles inmóviles.

Di que dará explicacións sobre este asunto no Congreso, durante o debate sobre o estado da nación, pero non haberá un pleno monográfico como pide a oposición. 

O ministro do Interior tamén falou sobre o tema no Congreso. Lamenta as vítimas, pero segue falando de ataque violento e organizado. E di non ter ningún complexo ante controis externos, en alusión á investigación da Fiscalía e á que pide Nacións Unidas. 

Tanto a oposición como os socios de investidura piden máis explicacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade