Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez desmente que sufra un enfermidade cardiovascular: "Queda Goberno para tempo"

Sánchez desmente que sufra un enfermidade cardiovascular: "Queda Goberno para tempo"

O presidente atribúe a loias da ultradereita as informacións publicadas en que aseguraban que estaba sendo tratado no Hospital Ramón y Cajal de Madrid

Segundo Sánchez, para a dereita e a ultradereita a mentira é a única forma de facer oposición

Arquivo/H.Bilbao/Europa Press Arquivo/H.Bilbao/Europa Press
G24.gal 26/02/2026 11:49

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, desmentiu este xoves que sufra unha enfermidade cardiovascular e atribúe a un bulo as informacións que apuntaban que estaba sendo tratado nun hospital madrileño. Segundo o xefe do executivo, o ocorrido evidencia que a única forma que teñen a dereita e a ultradereita de facer oposición é a través da mentira.

Sánchez saíu ao paso nas súas redes sociais tras a información publicada esta semana por Libertad Digital asegurando que padecía unha enfermidade da que estaba a ser tratado no Hospital Ramón e Cajal de Madrid.

"Non padezo ningunha enfermidade cardiovascular, pero se fose así, non habería ningún problema; hai millóns de persoas que as padecen e levan unha vida normal grazas aos servizos públicos que vostedes desmantelan", escribiu o xefe do Executivo.

Segundo Sánchez, "a máquina do lodo funciona sempre igual: lanzan o bulo desde un pseudomedio, os seus deputados o amplifican e os seus tertulianos enfangan a conversación pública.

Ao seu xuízo, para a dereita e a ultradereita a mentira é a única forma de facer oposición, o que evidencia -apunta- que o Goberno o está facendo ben. Tras desmentir a información, o xefe do Exectivo advirte: "Queda Goberno para tempo".

 

Tras desmentir a información, o xefe do Exectivo advirte: "Queda Goberno para tempo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade