Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez critica os insultos do PP e pídelle calma, sensatez e sentido de Estado

Sánchez critica os insultos do PP e pídelle calma, sensatez e sentido de Estado

O presidente do Goberno en funcións cre que haberá goberno progresista

Sémper di que a gobernabilidade de España non pode descansar en Bildu, ERC e Junts

Pedro Sánchez, no mitin do PSOE de Estremadura
G24.gal 14/10/2023 14:05 Última actualización 14/10/2023 14:16

Pedro Sánchez segue confiando en que será investido presidente dun goberno progresista a pesar das dificultades e pídelle ao Partido Popular calma, sensatez e sentido de Estado.

Os populares afirman que a política española entrou en bucle e critican a Sánchez por negociar a gobernabilidade do país con partidos que só miran polo seu interese.

O vicesecretario de Cultura e Sociedade Aberta do PP, Borja Sémper, cualificou de foto histórica a imaxe de Pedro Sánchez con Bildu dentro da rolda de negociacións do candidato á investidura como presidente. Para Sémper, o máis complicado non é conseguir os votos senón a gobernabilidade.

"Estou pensando en Junts, é que alguén pensa que Junts ten algún interese na gobernabilidade de España?, alguén pensa que Bildu, ERC, teñen algún interese na gobernabilidade de España?, ou sexa que o goberno do país se vai sustentar nestas formacións políticas que teñen intereses particulares, non diría que ilexítimos, pero son particulares e entón quen fala dos problemas de España?".

Desde Mérida, nun acto do PSOE estremeño, o presidente do Goberno en funcións admitiu a dificultade das negociacións pero mostrouse confiado en conseguilo. Criticou o Partido Popular por contribuír a aumentar a crispación con insultos e manifestacións, dixo, e pediulle calma e sentido de Estado.

"Tamén vos digo unha cousa, canto máis insultan, máis pequenos se fan". "Calma, sensatez e respecto, imos traballar por que haxa un goberno progresista que faga políticas progresistas, que aposte pola convivencia e sempre dentro do marco da Constitución española".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade