Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez carga contra a oposición e contra os "pseudomedios" de comunicación no seu primeiro grande acto tras descartar a dimisión

Sánchez carga contra a oposición e contra os "pseudomedios" de comunicación no seu primeiro grande acto tras descartar a dimisión

Participou nun mitin con Salvador Illa en San Boi de Llobregat

ERC e Junts din que perderon a confianza no presidente do Goberno

G24.gal 02/05/2024 20:39 Última actualización 02/05/2024 21:02

Oito días despois do previsto, tras anular a súa participación na apertura de campaña, Pedro Sánchez participou nun mitin con Salvador Illa en San Boi de Llobregat. 

"Estivemos contigo durante eses días, que tiveron que ser moi duros. Pero aquí todos sabemos que arriscaches moito por Cataluña e non o esquecemos", díxolle o candidato do PSC.

Sánchez centrou practicamente todo o seu discurso na súa decisión de non dimitir tras unha, dixo, profunda reflexión persoal e política. E cargou contra a oposición e contra os que chamou pseudomedios.

"Téñoo moi claro, vale a pena. E estou disposto a facerlle fronte á máquina de lama de Feijóo e de Abascal. Un lameiro que  ten os seus propios pseudomedios de comunicación difundindo loias e mentiras", afirmou Sánchez.

Os partidos independentistas cataláns, socios do PSOE no Congreso, seguen mantendo que os cinco días de reflexión de Sáchez foron unha manobra para gañar votos en Cataluña. Esquerra advirte que a alianza en Madrid quedou tocada.

Así o asegura Pere Aragonès: "Debilitou o bloque da investidura, porque agora temos moita menos confianza en que esta lexislatura se complete".

Junts pecha a porta a calquera acordo co PSC despois do 12 de maio.

"Quero liderar un goberno independentista e non farei ningún acordo con ningunha forza que non se comprometa coa independencia de Cataluña", di Puigdemont.

O candidato de Junts insta a Esquerra Republicana a que aclare a súa posición antes do 12 de maio. Se prefire un goberno indepentista ou un pacto co PSC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade