Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez di que España buscará chegar ao 2 % do PIB de gasto en defensa antes do 2029

Sánchez di que España buscará chegar ao 2 % do PIB de gasto en defensa antes do 2029

Sánchez e Zelenski no cumio de líderes da UE (Europapress) Sánchez e Zelenski no cumio de líderes da UE (Europapress)
G24.gal 06/03/2025 23:38 Última actualización 07/03/2025 00:12

O presidente do Goberno Pedro Sánchez anunciou que España fará un esforzo para chegar ao 2 % do seu PIB en gasto de defensa antes do 2029 e así o trasladará aos líderes dos grupos parlamentarios na reunión que manterá con eles a próxima semana.

Sánchez fixo este anuncio na conferencia de prensa posterior ao Consello Europeo extraordinario convocado para abordar a seguridade europea, a situación da guerra en Ucraína e as expectativas existentes para tentar a paz.

O xefe do Executivo afirma que España é neste momento "o décimo contribuínte" da OTAN en termos absolutos. "Fomos un Goberno comprometido desde o principio coa aposta polo fortalecemento da seguridade na defensa do noso país", afirma.

Sánchez aclara que se todos os países deben facer un esforzo anticipado respecto a o que se marcaron con anterioridade, o ano 2029, "España vaino facer".

Sánchez fixo este anuncio na rolda de prensa posterior ao Consello Europeo extraordinario convocado para abordar a seguridade europea, a situación da guerra en Ucraína e as expectativas existentes para tentar a paz.

Sánchez: "É moi prematuro falar dun envío de militares a Ucraína"

O presidente do Goberno considera "moi prematuro" falar dunha hipotética misión de paz europea en Ucraína e que militares españois poidan participar nela.

Lembrou que Ucraína aínda se está en guerra e, por tanto, o que hai que facer é seguir apoiando a este país como fai España con axudas como a que anunciou na súa recente viaxe a Kiev por importe de mil millóns de euros este ano.

"Estamos nun escenario de guerra, unha maldita guerra que Ucraína non quixo", apostilou antes de considerar que, por tanto, é "moi prematuro" falar desa forza de paz.

Cando chegue o momento asegurou que as decisións se tomarán entre todos e España garantiu que será parte da solución e non renunciará ao papel que ten que xogar en Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade