Cargando resultados...
Sabin Merino pide "tranquilidade" polo seu pouco acerto goleador
O dianteiro do Rácing só leva un gol esta temporada
G24.gal
23/11/2023 15:39
Última actualización 23/11/2023 15:50
Un gol ante o Marbella na Copa foi o único que puido celebrar Sabin Merino no que vai de temporada. Situación estrana, mesmo incómoda para un dianteiro, á que intenta quitar ferro.
"Hai que ter tranquilidade".
Unha situación que se xestiona mellor cando o colectivo funciona.
"Hai que saber levar todo iso para superar os malos momentos. É bo ter competencia interna".
Un equipo que desafía a calquera. Mesmo ao líder Leganés, ao que visita o domingo. Merino, que foi daquela casa, albisca un marco ideal para rematar coa súa seca.
"É un aliciente xogar ante o teu exequipo e marcarlle".
En dez días terá dúas ocasións de conseguilo entre Liga e Copa.