Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez insiste na unidade de Europa para resolver a crise de Ucraína

Sánchez insiste na unidade de Europa para resolver a crise de Ucraína

O presidente do Goberno contactou coa presidenta da Comisión Europea e o secretario xeral da OTAN
 

G24.gal 23/01/2022 19:23

Pedro Sánchez insiste na unidade dos 27 países membros da Unión Europea para resolver a crise en Ucraína. 

O presidente do Goberno asegura que Europa está preparada para todas as eventualidades. Tras unha conversa coa presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, reiterou que a vontade da comunidade internacional é firme.

Sánchez tamén conversou telefonicamente co secretario xeral da OTAN, quen lle agradeceu que despregara a fragata Blas de Lezo, que este sábado partiu de Ferrol.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade