Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda salienta a achega das empresas no exterior para facer unha Galicia forte

Rueda salienta a achega das empresas no exterior para facer unha Galicia forte

Na entrega dos Títulos de Excelencia galega 2026 en Barcelona, o presidente da Xunta dixo que todos os premiados son exemplo da "Galicia Calidade"

G24.gal 04/07/2026 05:49 Última actualización 04/07/2026 10:57

Alfonso Rueda destaca a achega dos empresarios do exterior na construción dunha Galicia cada vez máis forte e competitiva. Díxoo durante a entrega en Barcelona dos Títulos de Excelencia galega 2026 da Asociación de Empresarios galegos de Cataluña.

Rueda asegurou que todos os galardoados son un exemplo da "Galicia Calidade" e destacou o cambio experimentado pola nosa comunidade nos últimos anos, que pasou de ser terra de emigración a ser terra de acollida.

"Esa Galicia que non perde a identidade, as tradicións pero que mira cara ao futuro é a Galicia que ten que recoñecer a xente que o fai posible", asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade