Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda lamenta que o Goberno non convoque as CC. AA. para falar de financiamento autonómico

Rueda lamenta que o Goberno non convoque as CC. AA. para falar de financiamento autonómico

O presidente da Xunta, en materia de orzamentos, contrapón a situación de Galicia á do Estado: "Nós estamos na fase final; eles empezan"

Alfonso Rueda acusa o presidente do Goberno de "acordarse" da comunidade só para "tentar facer dano": "Non dixo unha verdade sobre Galicia"

Alfonso Rueda atende os medios de comunicación este xoves en Santiago de Compostela Alfonso Rueda atende os medios de comunicación este xoves en Santiago de Compostela
G24.gal 13/11/2025 18:59

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, critica que na orde do día do Consello de Política Fiscal e Financeira que se celebrará o vindeiro luns non estea a reforma do sistema de financiamento autonómico.

O Goberno convoca as comunidades a unha reunión para acordar a senda de estabilidade, paso previo á presentación das contas xerais do Estado, o mesmo día que arranca no Parlamento de Galicia o debate dos presupostos da Xunta para o 2026.

Será o Secretario xeral técnico da consellería de Facenda e Administración Pública, David Cabañó, o encargado de representar a Galicia no Consello de Política Fiscal e Financeira, porque o conselleiro Miguel Corgos estará a esa hora defendendo os presupostos da Xunta no Parlamento.

Alfonso Rueda contrapón a situación de Galicia á do Estado.

"Nós estama na fase final; eles empezan. E non se van reunir para o que de verdade interesa, que levamos anos pedindo, que é o financiamento autonómico".

A preguntas dos xornalistas nun acto que se celebrou este xoves en Santiago, o presidente da Xunta respondeu ás críticas de Pedro Sánchez aos servizos públicos galegos na súa comparecencia no Congreso. Alfonso Rueda acusa o presidente do Goberno de usar Galicia para desviar a atención dos seus problemas.

"A Xunta ten que poñer cantidades a maiores porque o Goberno de Sánchez cada vez lle debe máis a Galicia en dependencia. Este é só un exemplo dos que poderiamos poñer. Non dixo unha verdade sobre Galicia e lamento moitísimo que nos use para intentar facer dano e non para intentar solucionar problemas", afirmou Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade