Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda di que Galicia manda unha "mensaxe clara" a España de que non quere "chantaxes"

Rueda di que Galicia manda unha "mensaxe clara" a España de que non quere "chantaxes"

O líder dos populares galegos comprométese a ser o presidente de todos "sen distincións"

Paula Prado valorou esta mañá na RG os resultados como"extraordinarios e excelentes"

Feijóo ten previsto asistir hoxe á Xunta Directiva Nacional do PPdeG

Xénova ve nos resultados "o rexeitamento" ás políticas de Sánchez

G24.gal 18/02/2024 23:34 Última actualización 19/02/2024 08:26

O líder do PPdeG Alfonso Rueda considerou que Galicia deu este 18F unha "mensaxe a España" de que "non quere chantaxes, nin facelas nin estar sometidos" (a elas) e aposta pola "igualdade", a "dignidade" e o "entendemento".

Nunha comparecencia en Santiago de Compostela, tras coñecer os resultados electorais cunha nova maioría absoluta para o PPdeG, a quinta e a primeira para el, afirmou que Galicia "votou polo sentidiño" e agradeceu especialmente o labor do líder do PP Alberto Núñez Feijóo, que "marcou o éxito desta noite" e "é unha parte moi importante desta vitoria".

Rueda comprometeuse a ser un "presidente para todos", mesmo para os que non o votaron, que poden "estar tranquilos", e dirixiuse aos partidos da oposición, BNG e PSdeG, para reclamarlles que traballen todos pola comunidade autónoma e advertilos de que gañou a Galicia "sen tensións, nin disputas nin problemas".

Feijóo estará na Xunta Directiva Nacional do PPdeG

Feijóo ten previsto viaxar hoxe a Galicia para asistir á reunión da Xunta Directiva Nacional do PP galego, que analizará os resultados electorais do PP, que logrou 40 escanos, segundo sinalaron fontes populares

Feijóo e o seu equipo felicitan entre aplausos a Alfonso Rueda

O líder do PP chegou á sede nacional do partido ao redor das 21:00 horas deste domingo, co escrutinio das eleccións galegas xa en marcha. Alí estivo acompañado pola secretaria xeral do PP Cuca Gamarra e os portavoces parlamentarios do Grupo Popular no Congreso, o Senado e o Parlamento Europeo Miguel Tellado, Alicia García, e Dolors Montserrat, respectivamente.

Parabéns por videochamada

O presidente do PP Alberto Núñez Feijóo e o seu equipo felicitaron este domingo entre aplausos a  Alfonso Rueda tras a vitoria do PP galego nas urnas este domingo.

"O PSOE estámpase, Sumar non entra e a dereita valente é extraparlamentaria", asi resumían no equipo de Feijóo as eleccións galegas.

"Rexeitamento" ás políticas de Sánchez

A secretaria xeral do PP Cuca Gamarra pediu ao presidente do Goberno Pedro Sánchez que reflexione tras os resultados das eleccións galegas, por entender que son toda unha "lección" para os socialistas, pois demostran o "rexeitamento" da sociedade ás políticas de Moncloa.

"Galicia encargouse de mandar a primeira mensaxe deste novo ciclo electoral", sinalou Gamarra, para quen o resultado deste domingo en Galicia, co PP revalidando a maioría absoluta e o PSdeG tocando chan, "é a demostración de que esta política (a dos socialistas) conta co rexeitamento da sociedade española".

Ademais, acusou a Pedro Sánchez de abandonar os seus principios, siglas e o seu candidato para "alimentar o independentismo" co obxectivo de que non gobernase o PP, logrando o "peor resultado a historia do PSOE en Galicia". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos