Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda defende a cordialidade lingüística na homenaxe a Florencio Delgado

Rueda defende a cordialidade lingüística na homenaxe a Florencio Delgado

A lingua debe ser un “espazo vivo, de encontro, entre todos os galegos", defendeu o presidente da Xunta

Rueda salientou a contribución de Florencio Delgado para que o galego "poida medirse en pé de igualdade con outras linguas do mundo"

G24.gal 17/05/2022 14:48

A Xunta defendeu este martes no acto conmemorativo das Letras Galegas que acolle a comarca ourensá de Valdeorras, en homenaxe á figura de Florencio Delgado Gurriarán, a "cordialidade lingüística" sen "particións ideolóxicas, nin estereotipos equivocados".

Así o trasladou hoxe o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto conmemorativo do Día das Letras Galegas 2022 que acolle a comarca de Valdeorras.

Na primeira destas dúas paradas estivo Rueda acompañado, entre outras autoridades, do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, así como dos máximos representantes do Parlamento galego, Miguel Santalices; o titular da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do Barco, Alfredo García.

Na súa intervención, no teatro Loureiro Olmo do Barco de Valdeorras, Rueda proclamou que hoxe é “un día importante para a nosa cultura e a nosa lingua”, poñendo en valor o acto de homenaxe a Delgado Gurriarán, poeta da Galicia do exilio que destacou polo seu “activismo cultural” e o seu “compromiso vital”.

Aquí, destacou o labor realizado por Delgado Gurriarán á hora de contribuír non só a que o galego sexa hoxe “un idioma propio”, senón tamén a que “poida medirse en pé de igualdade con outras linguas do mundo” dentro desa Galicia “libre, orgullosa e cordial”.

Tras destacar o “compromiso vital e cultural”, espírito militante e “activismo” de Delgado Gurriarán, Rueda garantiu que a Xunta seguirá contribuíndo a que o galego siga “crecendo” e sendo ese “espazo de encontro” de todos os cidadáns.

Rueda, quen chamou a “conxurarse” para que o idioma “coa participación de todos floreza mil primaveras máis”, defendeu que a “cordialidade de Galicia é tamén cordialidade lingüística”. Neste sentido, deixou claro que “non hai razón para impoñerlle particións ideolóxicas nin estereotipos equivocados”.

Tras reiterar que a lingua debe ser un “espazo vivo, de encontro, entre todos os galegos”, deixou claro que “hai moitas razóns e motivos para seguir impulsándoo con forza”. “Non sobra ningunha voz”, defendeu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos