Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda anuncia 20 millóns de euros para as entidades sociais

Rueda anuncia 20 millóns de euros para as entidades sociais

As entidades poderán poñer en marcha programas para persoas maiores ou con discapacidade e paras as familias en risco de exclusión

G24.gal 03/08/2022 17:30

O Consello da Xunta vai aprobar este xoves un investimento de 20 millóns de euros para as entidades sociais. Anunciouno o presidente, Alfonso Rueda, nunha visita ao centro sociocomunitario que se acaba de inaugurar en Ordes que ofrece actividades para todas as idades.

Alfonso Rueda explicou que coa nova achega, que provén da "solidariedade dos cidadáns", que marcan o recadro social da súa declaración do IRPF, as entidades poderán poñer en marcha programas para persoas maiores ou con discapacidade e paras as familias en risco de exclusión.

O novo centro sociocomunitario de Ordes leva o nome dunha das súas veciñas máis ilustres: a enfermeira Isabel Zendal, que participou na Expedición Balmis, formada por nenos que levaron a vacinas da varíola a América.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade