Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda: "Agardo que a listaxe de agravios do Goberno non se materialice no litoral"

Rueda: "Agardo que a listaxe de agravios do Goberno non se materialice no litoral"

O presidente da Xunta pídelle ao Goberno Central "coherencia e valentía"

G24.gal 16/01/2023 13:58

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que se ao Goberno lle preocupa a independencia "ten outros lugares aos que mirar", en resposta as declaracións do secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, que afirmou esta fin de semana que a futura lei galega do litoral é case unha declaración de independencia.

Alfonso Rueda pídelle ao Executivo central "coherencia e valentía", e asegura que a Xunta actuará con lealdade constitucional. O presidente engade que agarda que "a listaxe de agravios contra Galicia non se materialice co litoral".

Os partidos políticos galegos reaccionan tamén ás palabras do secretario de Estado de Medio Ambiente. Os populares din que a lei defende os intereses das industrias galegas. O BNG e os socialistas galegos cren que a Xunta só busca confrontar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos