Rueda acusa o Goberno de "non escoitar as autonomías" na regularización de migrantes
O presidente da Xunta lamentou que "non fomos consuladas" e sendo as comunidades autónomas son as que terán que atender á xente que se vaia incorporando
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, discrepou do sistema escollido polo Goberno para aprobar o decreto de regularización de migrantes, apostando porque "veña xente de forma ordenada" e acusando o Executivo de Pedro Sánchez de "non escoitar" as alegacións das autonomías.
Así reaccionou Rueda en declaracións aos xornalistas antes de participar no Foro Wake Up de El Español á regularización masiva que aprobou este martes o Consello de Ministros.
Baixo o seu punto de vista, se o Goberno non incorporou as alegacións das comunidades, "non acertaría" e instou ao Executivo de Pedro Sánchez a "explicar" a finalidade desta regularización de migrantes.
E é que insistiu en que "pódese facer moitísimo mellor", lamentando que ao final as comunidades autónomas son as que terán que atender á xente que se vaia incorporando: "Non fomos consultadas en ningún momento".
Ante o apoio da patronal a esta regularización, Rueda cre que os empresarios "constatan" a realidade de que hai moitas vacantes actualmente, pero contrapuxo a actuación do Goberno coa da Xunta, que, segundo dixo, está a negociar dar permisos de traballo.