Publicador de contidos

Publicador de contidos

Robles viaxa aos EUA para preparar o cumio da OTAN

Robles viaxa aos EUA para preparar o cumio da OTAN

A ministra de Defensa reúnese co seu homólogo estadounidense

Analizarán a situación en Ucraína e no flanco sur da alianza

Antón Montero 19/05/2022 21:05 Última actualización 19/05/2022 21:32

A ministra de Defensa Margarita Robles e o seu homólogo estadounidense Lloyd Austin prepararon hoxe en Washington o próximo cumio da OTAN.

Robles comezou o seu día depositando unha ofrenda na tumba do soldado descoñecido, no histórico cemiterio de  Arlington.

Pero o elemento clave da viaxe é a súa reunión co secretario de Defensa norteamericano Lloyd Austin para falaren da situación en Ucraína, a seguridade no flanco sur da Alianza e, por suposto, o cumio da OTAN que se celebrará en Madrid a finais do mes que vén e que promete ser o máis importante en décadas.

No contexto da agresión rusa contra Ucraína, a OTAN ten previsto actualizar o seu concepto estratéxico e facer efectivo o ingreso de Finlandia e Suecia no seo da Alianza.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade