Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ringleiras nas oficinas postais pola alta demanda do voto por correo

Ringleiras nas oficinas postais pola alta demanda do voto por correo

Case dous millóns e medio de persoas solicitaron o voto por correo e non se descarta chegar aos tres millóns por primeira vez

G24.gal 11/07/2023 14:43

Vacacións ou motivos de traballo enchen as oficinas de Correos cos que van votar a distancia... E a dous días de que remate o prazo para solicitar o voto, o próximo xoves, medran as ringleiras de espera.

Os sindicatos falan de máis de dous millóns e medio de solicitudes, que tamén se poden facer telematicamente na web de Correos... e que esta mañá seguían, mesturándose nas colas cos que xa recibiron a documentación e votaban por adiantado.

Poderán facelo en calquera oficina de Correos ata o xoves 20 de xullo. Ese é o último día parta exercer o dereito ao sufraxio vía postal, que aínda non é accesible para persoas cegas. Eles dispoñen nos colexios dun kit en braille o día das eleccións. E piden avanzar neste eido.

Corina Afonso, conselleira Territorial da ONCE en Galicia explica que quererían conseguir que "nas próximas eleccións teñamos a posibilidade de que este voto accesible estea nos domicilios e por suposto o voto por correo que non é accesible para as persoas cegas"

O kit pedírono en Galicia 97 persoas. Outro cidadán con discapacidade solicitou un intérprete en linguaxe de signos para poder participar como membro dunha mesma electoral.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade