Ricky Rubio anuncia que empezará a adestrarse co Barça
Rubio decidiu parar en agosto de 2023 a súa actividade profesional para coidar a súa saúde mental

O base Ricky Rubio, que a principios de xaneiro comunicou a súa retirada da NBA tras doce tempadas, anunciou este luns que iniciou a fase final da súa recuperación dos seus problemas de saúde mental e empezará a adestrarse co primeiro equipo de baloncesto do Barça.
"Levo unhas semanas dándolle voltas e, tras outras tantas traballando mente e corpo, véxome con ganas e forzas de ver como reacciono cun balón nas miñas mans", publicou o xogador catalán na rede social X.
E, neste sentido, engadiu.
"O meu seguinte paso foi pedir ao F. C. Barcelona se podería, sen ningún compromiso e sen interromper os seus plans de tempada, adestrar con eles. Agradecer de antemán a súa axuda e comprensión coa miña situación".
Rubio, que xa xogou dúas tempadas no Barça (2009-10 e 2010-11) antes de dar o salto á NBA, decidiu parar en agosto de 2023 a súa actividade profesional para coidar a súa saúde mental.