Cargando resultados...
Ricardo Ramilo non poderá correr o Rally Dakar
Foi debido a un incidente que protagonizou en outubro no Rally de Marrocos
G24.gal
09/12/2021 11:22
Cando regresou do Dakar o ano pasado prometeu repetir. Pero non vai ser desta. Ricardo Ramilo foi rexeitado pola organización debido a un incidente que protagonizou en outubro no Rally de Marrocos.
Saltar 8 puntos de paso resultoulles sospeitoso aos organizadores, e máis cando tomaron en serio o que publicou nas redes sociais.
Está seguro de que non tivo nada que ver o Dakar do ano pasado, cando o seu copiloto o acusou de abandonalo no deserto, un suceso que tivo gran repercusión.
Foi unha inspiración para poñerlle nome ao equipo deste ano: Aí te quedas Dakar Team.