Riazor vivirá outra tarde europea máxica co play off da UEFA Youth League
Ata agora hai case 17.000 entradas vendidas para o Deportivo-Dínamo de Kiev
O estadio de Riazor vivirá outra tarde europea máxica, coa disputa do play off da UEFA Youth League, que enfrontará o Deportivo contra o Dínamo de Kiev. Manuel Pablo fixo un chamamento para que o deportivismo apoie aos seus, como fixeron nos encontros anteriores:
"A afección foi fundamental. Empuxa sempre e Ímolos necesitar para un partido que vai ser máis pechado que contra os outros rivais. É un rival mellor"
"Non hai presión por xogar con tanta xente. Os nervios deben servirnos para saír igual que nos outros partidos, cunha marcha máis"
Ata agora hai case 17.000 entradas vendidas para o Deportivo-Dínamo de Kiev.
Ahora mismo 16600 y subiendo!
— RC Deportivo (@RCDeportivo) February 8, 2022
Seguimos habilitando bancadas para que #anosaforza poida VIVIR unha noite máxica en #ABANCARIAZOR!
🎫 5€, https://t.co/xTE3C6DZwV (soci@s con entrada gratis)
E se non podes vir #ánosacasa, xa sabes, en @Vamos, desde ás 19:00 h. #VamosDépor VAMOS! https://t.co/s9FpcE0amf