Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo xuvenil busca seguir facendo historia na UEFA Youth League

O Deportivo xuvenil busca seguir facendo historia na UEFA Youth League

Na ida en Riazor derrotaron o Maccabi Haifa por 5-1

G24.gal 07/12/2021 13:30

O Deportivo xuvenil xa está en Israel para defender mañá ante o Maccabi Haifa FC o 5-1 da ida.

Toda Europa se fixo eco do ambiente excepcional que se viviu en Riazor durante os noventa minutos. O equipo que prepara Manuel Pablo chega a esta nova cita europea tras derrotar o sábado na Grela 1 o Ural Español CF (0-1), e a tres puntos de distancia do R. C. Celta no grupo 1º da División de Honra: 38 puntos suman os célticos por 35 os branquiazuis.

En Europa non existe a regra do valor dobre en campo contrario e, en caso de empate despois do tempo regulamentario, non haberá prórroga e si lanzamento desde o punto de penalti. En caso de superar esta rolda, o Xuvenil accedería ao playoff que o emparellaría, a partido único o 8 ou 9 de febreiro de 2022 en Riazor, cun equipo segundo clasificado dun dos oito grupos da Ruta Champions League.

Manuel Pablo: "Eles van saír fortes. Nós temos que facer o mesmo que na ida e non pensar na vantaxe que temos".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos