Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retencións de varios quilómetros en Vigo na VG-20 por un desprendemento de terra

Retencións de varios quilómetros en Vigo na VG-20 por un desprendemento de terra

Foi no quilómetro 13 e en dirección Pontevedra

Unha vez que limparon o carril, normalizouse a circulación

G24.gal 14/11/2025 17:08

Un desprendemento de terra obrigou a cortar momentaneamente un carril no punto quilométrico 13, en sentido Pontevedra, da VG-20 en Vigo, o que causou retencións de ata 4 quilómetros.

O incidente producíase á primeira hora da tarde, segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico, e foi necesario cortar un carril, o que provocou retencións entre os puntos quilométricos 8 e 13 da vía, nas inmediacións do hospital Álvaro Cunqueiro, entre Beade e Valadares.

Fontes da DXT confirmaron que os servizos de mantemento da vía xa limparon a calzada e púidose reabrir o carril pechado, polo que a circulación normalizouse. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos