Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renato Tapia marchará camiño de Lión logo do acordo entre os clubs

Renato Tapia marchará camiño de Lión logo do acordo entre os clubs

O equipo francés pagará uns cinco millóns de euros e xogará o 29 de xullo o Memorial Quinocho do Centenario

G24.gal 05/07/2023 20:42

O Celta e o Olympique de Lión chegaron a un principio de acordo para o traspaso do internacional peruano Renato Tapia. O futbolista, ao que lle queda un ano de contrato co equipo vigués, chegou a Balaídos no verán do ano 2000 como unha aposta persoal de Felipe Miñambres, director deportivo daquela. 

Chegou libre do Feyenoord e o seu gran rendemento a primeira temporada fixo que moitos equipos chamasen á súa porta. Pero o protagonismo do centrocampista foi a menos coa irrupción de Fran Beltrán. Malia o bo final de liga que fixo e o peso que ten no vestiario semella unha boa operación para as dúas partes. O Celta recibiría cinco millóns de euros por un xogador que remata contrato ao final desta campaña e Tapia asina por catro temporadas. 

Froito dese entendemento o Lión será o equipo que xogue o Memorial Quinocho o vindeiro 29 de xullo en Balaídos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos