Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remontada de líder do Arenteiro (3-1)

Remontada de líder do Arenteiro (3-1)

Gañoulle ao Raio Cantabria con goles de Markitos, Álex Fernández e Pibe

Distanciase á fronte da 2.ª RFEF xunto co Guijuelo

G24.gal 30/10/2022 18:48

O Arenteiro continúa en estado de graza logo de gañar remontando ao Raio Cantabria (3-1). Os do Carballiño mantéñense no primeiro posto da 2.ª RFEF a uns días de afrontar a final da Copa Federación (mércores, en directo pola G2 e G24). 

E iso que o cadro cántabro sorprendeu co tanto inicial de Gete. Pero este Arenteiro tira calquera muro que lle poñan diante e antes do descanso xa estaba en vantaxe cos goles de Markitos e Álex Fernández nunha falta que desviou o visitante Jeremy.

No segundo tempo o equipo verde mantivo o ritmo e un gran lanzamento de falta de Pibe puxo o definitivo 3-1. Xa non se movería o marcador, e o Arenteiro comeza a distanciarse, xunto co Guijuelo, á fronte do seu grupo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade