Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata un mes cargado de magostos en toda a provincia de Ourense

Remata un mes cargado de magostos en toda a provincia de Ourense

Non houbo barrio, vila nin lugar sen a súa festa das castañas

O bo estado do froito e o clima solleiro tamén axudaron

Andrés Pavón 23/11/2024 15:30

Esta fin de semana celébranse os derradeiros magostos da temporada. Foi un ano dunha colleita de castañas moi desigual en cantidade e calidade segundo a comarca da que se trate. No que si houbo abundancia foi nas festas, sobre todo na provincia de Ourense. Non houbo concello nin parroquia onde os veciños non se xuntaran nalgún momento para degustar as castañas e o resto do menú que acompaña os magostos. 

Por toda a provincia de Ourense houbo magostos en diferentes datas. Dende os máis multitudinarios como o do centro da cidade das Burgas ata os organizados por grupos de amigos nos diferentes barrios ou outros en concellos pouco poboados, como este de Lobeira, no que participaron todos os veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade