Publicador de contidos

Publicador de contidos

Junts convoca unha consulta coa militancia para decidir se continúa no Goberno de Cataluña

Junts convoca unha consulta coa militancia para decidir se continúa no Goberno de Cataluña

A consulta será o 6 e o 7 de outubro se o president non restitúe no cargo o vicepresidente cesado

A decisión tomouse despois dunha xuntanza de 9 horas

Junts consultará coa militancia se continúa no Goberno de Cataluña
G24.gal 29/09/2022 20:09 Última actualización 29/09/2022 21:31

Junts convoca unha consulta coa militancia o 6 e 7 de outubro para decidir se continúa no Goberno de Cataluña.

A reunión da dirección de JxCat para decidir se abandona ou non o Goberno de Cataluña rematou ás sete e media desta tarde despois de nove horas de intenso debate.

A xuntanza prodúcese despois da decisión do presidente da Generalitat, Pere Aragonès, de destituír ao vicepresidente, Jordi Puigneró.

Na xuntanza debatéronse varios escenarios, que pasaban por saír en bloque do Govern e pasar á oposición, propor un nome para substituír a Puigneró no posto que deixou vacante ou convocar xa unha consulta á militancia para decidilo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade