Publicador de contidos

Publicador de contidos

Regresa a neve á montaña galega, cando xa vai un mes de primavera

Regresa a neve á montaña galega, cando xa vai un mes de primavera

As nevaradas caeron nas zonas máis elevadas de Lugo e Ourense

O termómetro caeu por baixo dos cero graos de madrugada

G24.gal 20/04/2022 12:30

Logo de superar hai catro días os 20 graos, no alto do Cebreiro non pasaron esta mañá de cero. A neve caeu durante a noite se ben con pouca intensidade e a capa que se formou apenas tiña un centímetro de grosor.

Con todo, a sensación de frío foi moi intensa e o lugar aparecía deserto tamén en parte polo vento do norte que zoou toda a mañá e que desprazaba a neve. Tamén a néboa contribuíu a crear unha paisaxe máis propia dos meses invernais. Unha situación anómala que sorprende a veciños e visitantes.

A neve caeu nas cotas situadas por riba dos mil cen metros de altitude. Se ben non é raro que neve en abril, a situación contrasta coas altas temperaturas da pasada fin de semana, o que desconcerta as persoas que pasan por esta zona de montaña, que mesmo cren que pode ser perigosa para os peregrinos e turistas.

Na provincia de Ourense tamén nevou nas zonas situadas a máis altura, especialmente en Cabeza de Manzaneda e Pena Trevinca. Nesas zonas a neve afectou as estradas aínda que sen causar problemas para a circulación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade