Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regresa a embaixadora de Marrocos tras o xiro de España sobre o Sáhara

Regresa a embaixadora de Marrocos tras o xiro de España sobre o Sáhara

O cambio de posición pechou a crise con Marrocos e abriu outra con Alxeria

Varios grupos pedirán este luns a comparecencia no Congreso de Pedro Sánchez

G24.gal 20/03/2022 21:00

A embaixadora de Marrocos regresou este domingo a Madrid, dous días despois de que o Goberno español se situase do lado de Marrocos no conflito do Sáhara Occidental. A súa volta pecha un ano de crise entre ambos os dous países e coincide coa marcha doutro embaixador, o de Alxeria, en protesta polo xiro do executivo de Pedro Sánchez.

A embaixadora de Marrocos mostrouse satisfeita de volver a Madrid e referiuse ao comezo dunha nova etapa nas relacións entre os dous países. Valorou a nova posición do Goberno de España sobre o conflito do Sáhara, posición que, segundo dixo, tamén comparten os Estado Unidos.

A crise comezou hai un ano, en abril de 2021, cando Rabat soubo que o líder da Fronte Polisario estaba recibindo asistencia médica nun hospital de Logroño.

Pouco despois, en maio, 10.000 inmigrantes, moitos deles menores, entraban en avalancha por Ceuta, ante a pasividade das autoridades marroquís. España mobilizou o Exército. A crise diplomática agravouse e Rabat convocou a súa embaixadora.

Cambio de postura

Tras meses de contactos, este venres, Pedro Sánchez envioulle unha carta ao rei Mohamed VI na que lle mostraba o seu apoio á proposta marroquí dunha autonomía para o Sáhara Occidental.

O cambio na postura española, que durante décadas defendeu os acordos da ONU para celebrar un referendo, pechou a crise con Marrocos e abriu outra con Alxeria, o principal valedor do independentismo saharauí, que o sábado chamou a consultas o seu embaixador.

España asegura que Alxeria coñecía a decisión, pero o país norteafricano négao. Este luns varios grupos parlamentarios van pedir a comparecencia de Pedro Sánchez no Congreso para que dea explicacións sobre este asunto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar