Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reforzan a limpeza de 'pellets' cara á fin de semana

Reforzan a limpeza de 'pellets' cara á fin de semana

G24.gal 10/01/2024 15:04

A consellería de Medio Ambiente anuncia o reforzo da limpeza dos pellets de plástico nas praias galegas. Ángeles Vázquez dixo que incrementarán nun cento os efectivos medioambientais despregados en 29 areais. 

A preocupación céntrase na próxima fin de semana cando os ventos e as correntes poidan arrastrar máis restos desa vertedura de pellets plásticos a Galicia. Neste momento 200 efectivos da Xunta manteñen a limpeza e a vixilancia nos areais e outro cento sumaranse a estas tarefas. Semella que ata entón o tempo dará unha pequena tregua.

Tamén preocupa a cantidade de boliñas de plástico que continúan no mar e a súa localización. Dende as confrarías participan, xunto con voluntarios, nesta limpeza destes pellets de plástico. Especialmente preocupados por como afecta ao consumo de peixe, piden tranquilidade e evitar o alarmismo.

O conselleiro do Mar reuniuse hoxe cos patróns de varias confrarías, e reclamou medios para comprobar cantos sacos quedan no mar. Calcúlase que polo momento só chegou un 10 % da vertedura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar