Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reflotan un mercante que interrompeu durante horas o tráfico na canle de Suez

Reflotan un mercante que interrompeu durante horas o tráfico na canle de Suez

As autoridades responsables desta vía aseguran que a navegación volverá á normalidade ao longo da mañá

G24.gal 25/05/2023 10:11

Os equipos técnicos da canle de Suez conseguiron reflotar un mercante que encallou este xoves e interrompeu o tránsito na importante vía marítima, o último nunha serie de incidentes similares no que vai de ano.

"Os equipos de salvamento marítimo lograron atender de forma profesional un mal funcionamento de emerxencia das máquinas do cargueiro Xin Hai Tong 23", que encallara durante varias horas na canle, dixo nun comunicado o presidente da Autoridade xestora da canle.

Explicou que o tránsito na estratéxica vía marítima foi interrompido "como medida cautelar para a seguridade da navegación", pero que "volverá á normalidade en ambas as direccións tan pronto como se complete o remolque do buque".

O Xin Hai Tong 23, de 190 metros de longo e unha capacidade de transporte de 34.000 toneladas, facía a travesía de Arabia Saudita a Exipto cando encallou no quilómetro 159 no lado leste da canle.

Sinalaron que a navegación na vía marítima volverá á normalidade ao longo da mañá.

Imaxe de sátelite da Canle de Suez co tráfico marítimo interrompido Imaxe de sátelite da Canle de Suez co tráfico marítimo interrompido

"Contamos coa experiencia de rescate e con capacidades de seguro técnico e de navegación necesarias para facer fronte de forma profesional a posibles situacións de emerxencia", dixo o presidente da autoridade xestora.

"Estamos a facer todos os esforzos posibles para garantir a seguridade da navegación na canle", agregou Rabie, tras subliñar: "O barco agora está a ser remolcado para o calado exterior por tres remolcadores".

Trátase do cuarto incidente deste tipo desde principios de ano, algúns deles non chegaron a interromper o tránsito, como o portacontedores MSC Istanbul, que encallou no paso artificial a principios de marzo cando procedía de Malaisia con rumbo a Portugal.

Ese incidente ocorreu poucas semanas despois de que o LNG Grace Emilia presentase un fallo na dirección e fora desprazado ao carón da canle ata o seu reflotamento o pasado 1 de febreiro, mentres que outro, o M/V Glory, encallou o 9 de xaneiro polo mal tempo.

Este tipo de problemas nos buques nun dos pasos marítimos máis importantes do mundo lembra a crise vivida entre o 23 e o 29 de marzo de 2021, cando o portacontedores Ever Given bloqueou o paso marítimo cos seus 400 metros de eslora e 18.000 contedores a bordo, algo que provocou un enorme atasco por esta vía pola que pasa ao redor do 10 % das mercadorías do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade