Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recrúan as acusacións entre PP e PSOE en campaña sobre o Goberno e a xestión en Andalucía

Recrúan as acusacións entre PP e PSOE en campaña sobre o Goberno e a xestión en Andalucía

Núñez Feijóo proponse como alternativa despois de asegurar que o Goberno está roto e que "España non merece este carnaval"

O candidato socialista, Juan Espadas, di que o PP significa retroceso en políticas sociais, igualdade e no ámbito do público

G24.gal 12/06/2022 15:09 Última actualización 12/06/2022 15:33

En Cádiz estivo Núñez Feijóo, unha provincia estratéxica para tentar minimizar os resultados de Vox. Feijóo dixo que hai que evitar que Andalucía caia no populismo. Asegurou ademais que o Goberno de Sánchez está roto. Debullou profusamente os desencontros no executivo esta semana arredor da economía, a lei sobre a prostitución, o Sáhara e Alxeria ou as pensións o mesmo venres:

"Cremos que o Goberno ten que liderar un país e cremos que o presidente ten que liderar un Goberno e se isto non é asi cambiámolo. Cambiarémolo. Farémolo e farémolo ben. España non se merece este carnaval, este carnaval político no que vivimos. Non o merecemos"

O candidato do PSOE, Juan Espadas, recibiu o apoio da maior parte dos presidentes autonómicos socialistas, de sur a norte, desde o das Canarias ata o de Asturias. Espadas explicou que o PP actuou con deslealdade co Goberno durante a pandemia, e acusou a Moreno Bonilla de non crer nas políticas de igualdade nin nos servizos públicos:

"Ese señor Moreno Bonilla, que agora quere vir como se non rompera un prato, rompeu a vaixela completa. Pero tivo unha maquinaria de propaganda pagada con todos os recursos públicos que fai posible que ese relato polos pelos hoxe aguante diante dunha cámara de televisión"

Máis actos electorais. En Vox, Macarena Olona apela a frear a inmigración ilegal e as políticas sociais con efecto chamada. Desde Por Andalucía, Inma Nieto sostén que o feminismo está na base das políticas sociais e que é a vacina contra a precariedade. Ciudadanos preséntase como a fórmula da moderación centrista para parar a Vox.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade