Publicador de contidos
Publicador de contidos

A poboación reconquista a cidade de Vigo un ano máis

A poboación reconquista a cidade de Vigo un ano máis

Volve a Reconquista a Vigo onde xa está todo preparado para expulsar as tropas francesas

A choiva non impediu que a cidade regresara ao 1809 coa seu mercado tradicional 

G24.gal 06/04/2024 21:56 Última actualización 06/04/2024 22:11

Vigo respira estes días un ambiente prebélico antes da rendición dos franceses. Unha cidade, que regresa a 1809, e completamente tomada polas milicias que se organizan para derrotar ás tropas de Napoleón.

Pero a marxe desa confrontación simbólica, que protagonizan os actores da Asociación veciñal do Casco Vello, milleiros de persoas desfrutan dun mercado tradicional, este ano moito más amplo, onde non faltan os artesáns nin a comida.

Un ambiente que incita a diversión a pé de rúa e que moitos aproveitan para inmortalizar dando total protagonismo á participación popular. Este ano incorporáronse as rúas de Elduayen e o Paseo de Alfonso incorporáronse a unha celebración xa consolidada, que cumpre trinta anos.

A festa continuará durante todo o domingo. O momento máis agardado será a representación e expulsión dos franceses, a partir das seis da tarde na porta de Gamboa e aseguran que este ano haberá sorpresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar