Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recollen sinaturas contra as fochancas de tres estradas provinciais en Outeiro de Rei

Recollen sinaturas contra as fochancas de tres estradas provinciais en Outeiro de Rei

Veciños de oito parroquias de Outeiro de Rei montaron unha plataforma veciñal para demandar melloras

Din que as fochancas xa estragaron moitos vehículos

G24.gal 22/01/2024 14:31

Non hai alternativa que escape ás fochancas. Os buratos son unha constante en varias vías provinciais que atravesan Outeiro de Rei. Hai oito parroquias afectadas directamente, pero os problemas esténdense a máis lugares, segundo din os veciños.

"As estradas aquí son unha merda, falando claro. Non se pode nin andar. Saltas unha fochanca e pillas outras catro".

Indignados con esta situación, os veciños iniciaron unha recollida de sinaturas.

"Día a día isto vai a máis e deberían tomar unha determinación porque os impostos cóbrannolos".

As fochancas son moitas e de gran tamaño e xa causaron numerosos danos.

"Na miña casa levamos un amortecedor e dúas rodas e coma min máis, e os coches empezan a facer ruídos por todas partes".

Os veciños reclaman un arranxo en condicións e non os parches puntuais aos que din, os teñen acostumados.

"Veñen cun camión e fan un pequeno arranxo que ao pouco tempo a auga lévao".

Din que non van parar ata conseguir unha estrada en condicións e organizan xa mobilizacións.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar