Cargando resultados...
Traballadores do transporte sanitario de Galicia denuncian falta de dotación do servizo
Din que as ambulancias non son suficientes e que o orzamento non permitirá cubrir os salarios pactados nos convenios colectivos
G24.gal
12/02/2024 13:52
Os sindicatos do transporte sanitario de Galicia denuncian a infradotación dos concursos públicos para cubrir o servizo. Apuntan que o concurso na provincia de Pontevedra quedou deserto. Denuncian que o número de ambulancias non é suficiente e que o orzamento non permitirá cubrir os salarios pactados nos convenios colectivos.
Xesús Pastoriza, da CIG, explica que "falta número de ambulancias, as ambulancias economicamente non se dotan ben e as empresas non cumpren o convenio. Non se paga o que hai que pagar e créase conflitividade".