Publicador de contidos
Publicador de contidos

Real Madrid e Manchester City honran a Champions na ida dos cuartos (3-3)

Real Madrid e Manchester City honran a Champions na ida dos cuartos (3-3)

Primeiro partido dunha eliminatoria vibrante e de constantes alternativas que se decidirá en Inglaterra

G24.gal 09/04/2024 22:25 Última actualización 09/04/2024 22:52

Os dous últimos campións da Champions honraron esta competición cun grande encontro que rematou con empate (3-3).

O partido comezou dun xeito eléctrico, cun cartón a Tchouamení que deu orixe á falta que aproveitou Bernardo Silva para marcar o primeiro gol da eliminatoria. 

O Real Madrid reaccionou dun xeito inmediato e antes do primeiro cuarto de hora Camavinga e Rodrygo déranlle a volta ao marcador. 

O City tentaba controlar o partido co coiro e o Real Madrid buscaba a vertixe do xogo de Rodrygo ou Vinicius. Foi o talento de Foden o que igualou o partido cun gran lanzamento desde a frontal no minuto 66. E no 71 Guardiol sorprendía con outro disparo afastado que entrou pegado ao poste. 

Quedaba a resposta do Real Madrid e veu da man de Valverde que conectou no 78 un magnífico lanzamento cruzado que entrou na porta do equipo inglés (3-3). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar