Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta ve "moi precipitada" a decisión do TC de suspender artigos da lei do litoral

A Xunta ve "moi precipitada" a decisión do TC de suspender artigos da lei do litoral

Sectores empresariais galegos reclaman un pacto entre o Goberno do Estado e a Xunta para darlle seguridade xurídica 

G24.gal 01/03/2024 14:19

O acordo do Tribunal Constitucional colleu por sorpresa a Xunta, que considera que se trata dunha decisión precipitada. Din que non comprenden os motivos e agardan que lles trasladen o auto para estudalo.

Ángeles Vázquez, vicepresidenta e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en funcións, sinalou que "deberían repensar un pouco e ditar sentenza canto antes. Vai contra os intereses de Galicia. Podo asegurar que é unha lei que protexe a nosa costa e a nosa economía".

O tribunal considera que a lei galega ten un impacto sobre o dominio público marítimo terrestre difícil de reparar no caso de alteración mentres se resolve a cuestión e manteñen que debe prevalecer a protección do medio ambiente.

O sector mar-industria teme que a falta de seguridade xurídica poida prexudicar os investimentos na costa galega. Roberto Fariña Presidente de Agade, apunta que "non se poden acometer inversións sen seguridade xurídica que determine como vai ser o futuro do litoral de Galicia". Os empresarios reclaman un acordo entre o Goberno do Estado e a Xunta para dotar a comunidade dunha norma propia para a xestión do litoral.

Xoán Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, insiste en que "a lei da litoral de galega é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento do sector mar industria". Urxen acordos fóra da vía xudicial para acabar coa incerteza sobre o futuro das industrias costeiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos