Rafael Louzán, novo membro do Comité Executivo da UEFA
Louzán obtivo o maior número de votos para un mandato de dous anos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, foi elixido este xoves membro do Comité Executivo da UEFA para un mandato de dous anos durante o 49º Congreso Ordinario do organismo en Belgrado.
Louzán obtivo o maior número de votos, con 32, dos cinco candidatos a dous postos, seguido do israelí Moshe Zuares, con 31. Os outros aspirantes nas eleccións, que non lograron o respaldo suficiente foron Bjorn Vassallo (Malta), con 18, Andrii Schevchenko (UCR), con 15, e Vadims Lasenko, con 11 (LET).
🗣 Rafael Louzán: "Defenderemos los intereses de España y trabajaremos de la mano de UEFA y FIFA ante los retos que tenemos por delante".
— RFEF (@rfef) April 3, 2025
🗳 El presidente de la @rfef ha sido elegido este jueves como nuevo miembro del Comité Ejecutivo de la @UEFA.
ℹ️ https://t.co/TgUTZpeD91 pic.twitter.com/KRaC6iUAqp
A RFEF deixou de estar representada no Executivo da UEFA desde que Luis Rubiales dimitiu como presidente da RFEF en setembro de 2023, tas ser inhabilitado pola FIFA -primeiro temporalmente e logo durante tres anos- por incumprir o Código Ético do organismo polo seu comportamento no palco durante a final do Mundial feminino de Australia e o bico non consentido que lle deu á internacional española Jenni Hermoso, polo que foi condenado a unha multa por agresión sexual.