Rafa Benítez desvincúlase definitivamente do Celta
Rafa Benítez foi destituído como adestrador do Celta o pasado 12 de marzo
O exadestrador do Celta, Rafa Benítez, quedou este martes totalmente desvinculado da entidade galega tras asinar a súa liquidación co club que preside Marian Mouriño, un mes e medio despois de non alcanzar un acordo no Servizo de Mediación Arbitraxe e Conciliación (SMAC).
“O R. C. Celta e o adestrador Rafa Benítez pecharon a desvinculación definitiva do técnico madrileño. O Club continúa, polo tanto, centrado en desenvolver o seu actual proxecto e Rafa Benítez emprenderá unha nova etapa profesional, na que o R. C. Celta lle desexa o maior dos éxitos”, destaca o club vigués.
Coa peor porcentaxe de vitorias dos últimos 80 anos e unicamente dous puntos de vantaxe sobre a zona de descenso, Rafa Benítez foi destituído como adestrador do R. C. Celta o pasado 12 de marzo.
O acordo, segundo apunta o Celta no seu comunicado, é “froito do compromiso” de Benítez de axudar ao equipo “tanto neste momento como nos meses vindeiros”.