Quintela e Muñoz coinciden; o derbi da ACB "non vai ser un partido máis"
Breogán e Obradoiro enfróntanse no Pazo a partir das 18 horas deste sábado
En Lugo negan a maior dese estado de necesidade que, presuntamente, tensa máis a Obradoiro. Sergi Quintela, non lle quita ollo ao partido de hai dous meses en Sar.
Tampouco Álvaro Muñoz, en Santiago, merca o argumento de que as dinámicas do momento, co Breogán sumando tres derrotas do tirón e eles en postos delicados, sexan determinantes para este choque.
No partido da ida foi decisivo Birutis, que sumou 26 puntos, pero o Breogán ten a Musa a gran revelación da ACB. No Pazo agarda un partido de bloques e de nomes.
A Álvaro Muñoz énchelle o ollo dos lugueses a súa xenética 'balcánica'. A que tantos partidos decanta para os de Mrsic. Os dous equipos partillan o obxectivo común de seguir na ACB, pero mañá non será día para moitos aloumiños.